A Xunta inicia o último treito da autovía entre Lugo e Sarria cun investimento de 37,7 millóns

O desdobramento abrangue 13,5 quilómetros entre Nadela e A Pobra de San Xiao e terá un prazo de 36 meses

Lugo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, supervisará o inicio das obras de conversión en autovía do treito Nadela-A Pobra de San Xiao

A Xunta de Galicia iniciou este mes as obras para transformar en autovía os 13,5 quilómetros do corredor entre a glorieta de Nadela e o enlace da Pobra de San Xiao. O proxecto, cun investimento de 37,7 millóns de euros, completará a conexión entre Lugo e Sarria e terá un prazo de 36 meses.
A futura AG-22 será libre de peaxe e terá unha velocidade máxima de 120 quilómetros por hora. Os traballos inclúen dous novos viadutos sobre os ríos Chamoso e Neira, de 259 e 160 metros, respectivamente, ademais dos enlaces do Corgo e Maceda, un cruzamento baixo a A-54 e a ampliación de 13 pasos superiores e sete inferiores.
As primeiras tarefas céntranse na sinalización e roza dos terreos próximos ao futuro viaduto do Chamoso. Estímase que a vía soportará arredor de 8.000 vehículos ao día e dará servizo a unhas 100.000 persoas.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou o inicio das obras xunto ao delegado territorial, Alfonso Villares. A actuación permitirá enlazar de forma máis directa coa A-6 e coa A-54 en Nadela e mellorar a seguridade e reducir os tempos de percorrido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As pistas deportivas do Chanto renovaranse cun investimento de 292.000 euros

Seguinte Nova

Medio Rural e Bóveda avanzan na súa colaboración agroalimentaria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss