As pistas deportivas do Chanto renovaranse cun investimento de 292.000 euros

O proxecto de renovación das pistas exteriores do Chanto, financiado pola Vicepresidencia da Deputación, avanza coa licitación das obras. Foto GPVDL.

A renovación das pistas deportivas exteriores do Chanto, en Sarria, entrou na fase de licitación cun orzamento de 292.000 euros. A Vicepresidencia da Deputación achegará 273.000 euros, tras ampliar en 40.000 a súa contribución pola actualización dos prezos. O Concello prevé rematar os traballos en novembro.
A actuación renovará o pavimento da pista de fútbol e incorporará novos peches e accesos para peóns e maquinaria. Nas dúas canchas de tenis repararanse as zonas deterioradas, renovarase a pintura e substituiranse as redes. Na pista de pádel realizaranse labores de limpeza e corrección de desperfectos, ademais do lavado e pintado das paredes. O proxecto abrangue tamén a renovación de peches e mobiliario urbano da contorna. A intervención busca actualizar de maneira integral un dos principais espazos deportivos públicos da vila.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Samos reúne artesanía, gastronomía e tradición na súa feira anual

Seguinte Nova

A Xunta inicia o último treito da autovía entre Lugo e Sarria cun investimento de 37,7 millóns

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss