Interior Galego Vivo alerta da perda de rendibilidade na viticultura da Ribeira Sacra

IGV denuncia prezos conxelados, custos en aumento e falta de contratos que agravan o abandono do viñedo. Foto IGV.

Interior Galego Vivo advertiu dunha situación de extrema precariedade na que a viticultura galega afronta a vendima, condicionada polo adianto dos ciclos, a seca e o incremento dos custos de produción. A entidade lembra que, mentres a mudanza climática obriga a maiores esforzos no cultivo, os prezos da uva permanecen practicamente conxelados desde hai máis de dúas décadas. En Rías Baixas, os pequenos produtores recibirán arredor de 1,50 euros por quilo, mentres que en Monterrei se prevén prezos de 1,50 para o godello, 1,20 para a treixadura e 0,80 para a mencía. Na Ribeira Sacra, a situación é máis grave: moitos contratos continúan sen asinar e manéxanse cifras de 1,20 euros por quilo para a mencía, 0,70 para a garnacha e 1,60 para o godello, valores que non cobren os custos nunha viticultura de montaña. IGV critica que o Consello Regulador reducise rendementos nun contexto de suba xeral de gastos e denuncia que a Xunta segue sen elaborar un estudo oficial que determine os custos reais por zonas e castes, imprescindible para aplicar a Lei da Cadea Alimentaria. A entidade reclama controis efectivos, transparencia na formación dos prezos e que ningún produtor quede sen contrato antes da entrega da uva. Tamén insta o Consello Regulador a asumir un papel activo na defensa da base vitícola, advertindo de que a falta de rendibilidade e o envellecemento do sector están a acelerar o abandono do viñedo histórico nos canóns do Miño, do Cabe e do Sil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A selección de Indonesia leva o fútbol sala internacional a Chantada

Seguinte Nova

A Deputación impulsa en Monforte a dixitalización das adegas da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss