Medio Rural e Bóveda avanzan na súa colaboración agroalimentaria

No encontro destacouse a importancia de avanzar na valorización das producións con calidade diferenciada

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, para avaliar novas vías de cooperación destinadas a reforzar o sector agroalimentario. No encontro destacouse a importancia de avanzar na valorización das producións con calidade diferenciada, consideradas unha ferramenta clave para incrementar o valor engadido e fortalecer a vinculación coa orixe. Tamén se analizaron iniciativas relacionadas coa formación, a mellora das capacidades profesionais e a transformación dos produtos. Ademais, ambas partes estudaron manter a colaboración na Feira Outrora, que cada xullo promove gastronomía e tradicións locais. A Axencia aposta por unha visión integral que favoreza novas oportunidades económicas no rural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta inicia o último treito da autovía entre Lugo e Sarria cun investimento de 37,7 millóns

Seguinte Nova

Escairón inaugura a exposición pictórica dedicada ao veciño Pepiño

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss