Monforte converteuse en base da Volta Aérea á Península Ibérica

Arredor de 30 aeronaves e 60 participantes fixeron escala durante tres días no aeródromo das Lamas

(Foto MONTERO)

A Volta Aérea á Península fixo de Monforte unha das súas bases principais. Unhas trinta aeronaves e arredor de 60 participantes chegaron o día 4 ao aeródromo das Lamas procedentes de Braga, dentro dun itinerario por España e Portugal.
Durante a estadía, ata o día 6, as instalacións monfortinas serviron como punto de partida para voos de navegación por distintos aeródromos galegos e pola costa. A actividade combinouse cun programa turístico que achegou as tripulacións ao patrimonio de Monforte e da Ribeira Sacra, incluída unha visita ao Museo do Ferrocarril de Galicia.
O alcalde, José Tomé, recibiu os participantes no aeródromo xunto ao presidente do Club Aerolemos, José Antonio Guitián. O rexedor destacou a proxección turística da cita e lembrou as recentes melloras no recinto, cun investimento municipal de 260.508,16 euros na pista e na vía de acceso.
A organización local correspondeu ao Club Aerolemos en colaboración co Concello. O aeródromo rexistra entre 300 e 500 operacións anuais e recibe aeronaves de distintos puntos de España, Portugal e Francia. Tras completar as xornadas en Monforte, a Volta partiu cara a Herrera de Pisuerga para continuar por Huesca e Cuenca, antes de concluír o percorrido o domingo 9 de agosto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Seis días de artesanía e oficios tradicionais na rúa Cardeal con Artelemos

Seguinte Nova

Samos reúne artesanía, gastronomía e tradición na súa feira anual

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss