O Concello aplica un tratamento pioneiro para recuperar os amieiros do Asma

(Foto GPCCH).

O Concello de Chantada iniciou un tratamento innovador para frear a seca que afecta aos amieiros do Paseo Fluvial do Asma. Segundo explicou o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, a intervención busca conservar este espazo natural tras detectar síntomas de fitóftora e riscos asociados á caída de ramas. A actuación, avalada pola Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, consiste en aplicar endoterapia a unhas 200 árbores para avaliar a súa recuperación. O alcalde destacou que a medida forma parte das accións municipais destinadas a reforzar a protección dos espazos verdes da vila.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O astroturismo protagoniza un agosto marcado pola eclipse de sol

Seguinte Nova

Chantada presenta o programa das Festas do Carme 2026

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss