
Ferreira acolleu o pasado 31 de xullo a estrea do documentario “1846 – Revolución Galega”, dirixido por César Caramês e promovido pola Fundación Galiza Sempre. A sesión celebrouse ás 20 horas no Salón de Actos do Edificio Sociocultural, coincidindo co 180 aniversario da Revolución Galega. Tras a proxección, o público participou nunha mesa coloquio no que o director explicou o proceso de investigación que sustentou o filme e a relevancia histórica dos feitos narrados. O documentario, que reúne achegas de especialistas de diversas disciplinas, forma parte das iniciativas impulsadas pola fundación para divulgar episodios clave da historia contemporánea de Galicia.•






