Samos reúne artesanía, gastronomía e tradición na súa feira anual

(Foto GPDL)

A XXVI Feira de Produtos Artesanais volveu reunir no Campo da Feira de Samos artesanía, gastronomía e tradición. A cita, organizada pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos co apoio da Deputación de Lugo, congregou numerosos postos de venda e incluíu demostracións de oficios tradicionais.

A programación completouse con obradoiros, música e actividades para todos os públicos. O escritor e xornalista Valentín Carrera González pronunciou o pregón inaugural. O deputado provincial de Participación Cidadá, Iván Castro, participou na xornada festiva, que serviu de escaparate para produtores e artesáns e para achegar ao público diferentes elaboracións e oficios tradicionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte converteuse en base da Volta Aérea á Península Ibérica

Seguinte Nova

As pistas deportivas do Chanto renovaranse cun investimento de 292.000 euros

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss