Sober reforza a prevención de incendios

O municipio incorpora cinco traballadores dentro do programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’. Foto GPXG

Sober é un dos concellos da zona sur de Lugo que reforzou este verán as tarefas de prevención de incendios grazas ao programa ‘Galicia Suma Talento: Rural Activo’. A Xunta achegou máis de 852.000 euros para apoiar a contratación de persoal en doce municipios, dos que cinco corresponden a Sober. O delegado territorial, Alfonso Villares, visitou recentemente a localidade para coñecer o traballo desenvolvido polos novos operarios, acompañado polo alcalde, Luis Fernández Guitián. Segundo explicou Villares, o plan permite contratar durante nove meses persoal dedicado á planificación preventiva, á limpeza de montes e á xestión da biomasa, tarefas consideradas clave para reducir riscos no territorio. A convocatoria incorpora novidades como a figura da persoa coordinadora municipal de prevención, destinada a mellorar a organización dos equipos adheridos ao convenio entre a Xunta e Seaga. Ademais, increméntanse os apoios para municipios con amplas redes de franxas de xestión de biomasa, reforzando así a capacidade de actuación local.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada presenta o programa das Festas do Carme 2026

Seguinte Nova

A Deputación mellora o firme da estrada entre Canabal e Penacabreira

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss