A exposición fotográfica “Gardiáns”, de Jorge Arévalo, chega á Praza Vergara Vilariño de Samos

Foto: GPVDL

A mostra fotográfica “Gardiáns”, do autor Jorge Arévalo, pode visitarse desde hoxe e ata o 11 de setembro na Praza Vergara Vilariño de Samos. A exposición aborda o traballo diario nas ganderías, a presenza dos animais na cultura, os ciclos vitais e o impacto dos lumes na actividade gandeira.

A iniciativa está promovida pola Federación Galega de Razas Autóctonas (BOAGA) e conta co financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra, que nos últimos meses se exhibiu no Vello Cárcere de Lugo e na Sala de Exposicións da Deputación, adopta un formato adaptado a espazos ao aire libre para facilitar a súa itinerancia por diferentes concellos da provincia.

A inauguración contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Efrén Castro; da alcaldesa de Samos, Chus López; do autor da mostra, Jorge Arévalo; e de membros de BOAGA.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Chantada pechou as Festas Patronais cunha alta participación pese ás previsións de chuvia

Seguinte Nova

A nova Ponte de Ferro do Malecón entra en exposición pública ata o 1 de outubro

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss