A Xunta licita por máis de 1,8 millóns de euros o mantemento do equipamento sanitario da área de Lugo, A Mariña e Monforte

Foto: Arquivo

A Xunta publicou no Portal de Contratos Públicos de Galicia a licitación do servizo de mantemento do equipamento sanitario da área de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. O contrato, cun importe de 1.874.713,51 euros e unha vixencia inicial de 24 meses, contempla unha posible prórroga de ata tres anos, o que elevaría o valor estimado do procedemento a 3.718.440 euros.

A licitación, dividida en seis lotes, abrangue o mantemento dos equipos destinados ao coidado da saúde e do equipamento clínico complementario instalado no Hospital Universitario Lucus Augusti, no Hospital Público da Mariña, no Hospital Público de Monforte de Lemos e nos centros de atención primaria da provincia de Lugo.

Entre as tarefas recollidas no expediente figuran a resolución de avarías, o mantemento preventivo dos dispositivos, a substitución de equipos danados e o mantemento de software. O contrato inclúe tamén o mantemento dos equipos de esterilización, dos sistemas de produción de auga ultrapura para diálise e dos equipos de dosimetría do departamento de Radiofísica. Ademais, contempla o coidado de ecocardiógrafos, lavadesinfectacuñas e mesas cirúrxicas.

No ámbito das áreas cirúrxicas, prevese a realización de inspeccións visuais e probas de funcionamento diarias en desfibriladores, electrobisturís, lámpadas e mesas cirúrxicas. Nas áreas de esterilización, levarase a cabo a comprobación diaria de autoclaves, lavadoras, sistemas de tratamento da auga e sistemas de achega de produtos químicos.

As empresas interesadas en participar no procedemento teñen de prazo ata o 25 de setembro para presentar as súas ofertas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CB Lemavos abre o prazo de inscrición para a nova tempada

Seguinte Nova

O PP de Lugo reclama a recuperación do tren-hotel nocturno entre Galicia e Barcelona

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss