A Deputación reabre o proceso para concesionar o Náutico de Augas Mestas

O novo prazo de solicitudes busca recuperar a actividade dun complexo turístico de titularidade provincial. Foto Arquivo.

A Deputación de Lugo completou a documentación necesaria para retomar o procedemento de concesión do complexo de Augas Mestas, despois de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público as aclaracións solicitadas por posibles interesados. A institución provincial abriu un novo prazo de dez días hábiles para a presentación de ofertas coa finalidade de recuperar a actividade deste equipamento turístico. O concurso establece unha concesión inicial de cinco anos, con opción de prórroga, e fixa un canon mínimo de 500 euros mensuais. O proceso busca favorecer a reapertura das instalacións e impulsar o aproveitamento turístico e económico da contorna.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Romaría da Ermida obtén a declaración de Ben de Interese Cultural

Seguinte Nova

Quiroga mellora o seu local social cun investimento de 13.400 euros

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss