A contorna da casa consistorial do Incio converteuse nun punto de encontro para produtores, artesáns e visitantes

A contorna da casa consistorial do Incio converteuse nun punto de encontro para produtores, artesáns e visitantes coa celebración da XVI Feira de Artesanía e Produtos da Terra. A xornada reuniu máis de sesenta postos dedicados á promoción de elaboracións artesanais e produtos agroalimentarios da comarca.
Ao longo do día desenvolvéronse degustacións, obradoiros participativos e propostas de lecer dirixidas ao público infantil. A programación contou tamén con animación musical, coa actuación matinal do grupo As Searas e a presenza posterior da charanga Sorcha.
O alcalde, Héctor Corujo, percorreu os expositores acompañado por representantes doutras administracións. A feira pechouse cunha nova proposta gastronómica e coa actuación musical de Somoza Trío.•



