A Ribeira Sacra supera o 92 % de ocupación en agosto e afronta setembro con previsións favorables

Os datos do sector turístico sitúan os hoteis de tres e catro estrelas preto do cheo e apuntan a unha demanda superior á rexistrada o pasado ano. Foto GPCRB.

A Ribeira Sacra concluíu o mes de agosto cunha ocupación turística media do 92,16 %, segundo os datos recollidos entre os diferentes establecementos do territorio. As cifras sitúan este verán entre os mellores dos últimos anos e melloran de forma notable os rexistros contabilizados no mesmo período do ejercicio 2025.
Os hoteis de tres e catro estrelas lideraron os niveis de ocupación, cun 97,87 %. As vivendas turísticas e de uso turístico alcanzaron o 93,50 %, mentres que os albergues, pensións, cámpings, apartamentos e hoteis de categorías inferiores chegaron ao 92,64 % da súa capacidade. Pola súa parte, os negocios de turismo rural pecharon o mes cunha media do 84,64 %.
Durante agosto ocuparonse 9.876 prazas das 10.716 dispoñibles no conxunto da comarca. Ademais de superar os datos de 2023 e 2024, o resultado representa un incremento de máis de doce puntos porcentuais respecto ao exercicio anterior, cando a ocupación media fora do 80,10 %.
As previsións para setembro tamén apuntan a unha evolución favorable. Na actualidade estímase unha ocupación media do 63,01 %, fronte ao 49,05 % que se manexaba nestas mesmas datas de 2025. Os hoteis de tres e catro estrelas presentan a expectativa máis elevada, cun 91,30 %, seguidos doutros aloxamentos, cun 76,40 %0.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Viñobús Vendima regresa á Ribeira Sacra con cinco xornadas para vivir a colleita desde dentro

Seguinte Nova

Manuel María, a memoria daquela libraría

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio