A Ruta Galifornia reuniu en Chantada a medio cento de motoristas antes da súa viaxe á Maragatería

Medio cento de motociclistas participaron nunha viaxe que uniu Galicia, Asturias e León. Foto GPCCH.

A edición 2026 da Ruta Galifornia arrancou desde Chantada, localidade que desde hai varios anos serve como punto de encontro para esta iniciativa promovida pola Fundación Galifornia. Preto de cincuenta motocicletas participaron na expedición, que reuniu afeccionados ás dúas rodas chegados desde distintos puntos da comunidade.
O grupo percorreu enclaves da Ribeira Sacra antes de continuar cara á Reserva da Biosfera dos Ancares e ao val asturiano dos Oscos. O itinerario completouse posteriormente en territorio leonés, con chegada á comarca da Maragatería. A actividade concluíu o pasado 6 de setembro cun encontro de confraternidade celebrado en Parada de Sil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda pechou as festas de San Xil cunha programación relixiosa e musical

Seguinte Nova

Chantada pechou con alta participación a súa programación de astroturismo

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss