A senda interpretativa do viveiro dos Trollos achegouse ao milleiro de visitantes desde a súa apertura

Familias e grupos participaron nun percorrido centrado na divulgación do patrimonio forestal en Bóveda. Foto GPDTL .

A senda divulgativa do viveiro público dos Trollos, no concello de Bóveda, recibiu desde xuño preto dun milleiro de visitantes. A maioría das persoas asistentes realizaron o percorrido en familia, mentres que arredor dun terzo optou polas visitas guiadas organizadas nas instalacións.
O itinerario esténdese ao longo de máis de dous quilómetros nun espazo forestal de aproximadamente 30 hectáreas. Durante o percorrido pódense observar especies arbóreas autóctonas e ornamentais, ademais de figuras de fauna elaboradas en madeira e reproducidas a tamaño real.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou recentemente o recinto acompañado polo responsable do viveiro, José Vázquez, e polo alcalde de Bóveda, José María Arias. A proposta inclúe tamén unha aula forestal con contidos divulgativos sobre os recursos naturais de Galicia.
As visitas poden realizarse libremente mediante paneis explicativos e códigos QR distribuídos ao longo da ruta ou a través de percorridos guiados con reserva previa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Corte reivindicativo na N-120 para reclamar o arranxo das estradas de Paradapiñol

Seguinte Nova

O alumnado do obradoiro dual de emprego continúa os labores de mantemento

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss