Bóveda pechou as festas de San Xil cunha programación relixiosa e musical

A programación de peche completouse pola noite cunha festa e verbena nas que actuaron as orquestras Marbella e New York

(Foto GPCB.)

As festas patronais de San Xil en Bóveda concluíron cunha última xornada marcada pola combinación de tradición relixiosa e actividades musicais. O programa arrancou cun pasarrúas da Banda de Gaitas de Bóveda, seguido da misa maior e da procesión, actos que contaron co acompañamento musical do Coro de Bóveda.
Tras a celebración relixiosa desenvolveuse unha sesión vermú amenizada pola orquestra Los Españoles. A despedida das festas chegou ao día seguinte cunha nova misa solemne, nesta ocasión coa participación dos Xograres de Lemos, e cun vermú ofrecido pola Banda de Música O Folión.
A programación de peche completouse pola noite cunha festa e verbena nas que actuaron as orquestras Marbella e New York, encargadas de poñer o broche final ás celebracións na honra de San Xil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alumnado do obradoiro dual de emprego continúa os labores de mantemento

Seguinte Nova

A Ruta Galifornia reuniu en Chantada a medio cento de motoristas antes da súa viaxe á Maragatería

Últimas noticias sobre CULTURA

«Pedras que comparten memoria»

O esgrafiado galego como eco da arte rupestre na fachada atlántica MAR LÓPEZ SOTELO Presidenta da Asociación Esgrafiado Galego “Hoxe pechamos as
Ir aInicio

Don't Miss