Cadeiras reuniu centos de fieis na tradicional celebración da Virxe en Sober

A subida da imaxe desde Pinol e os actos relixiosos volveron centrar a programación festiva. Foto GPCS.

O santuario de Nosa Señora de Cadeiras volveu reunir esta semana a numerosos fieis nunha das celebracións relixiosas máis arraigadas do concello de Sober. A xornada estivo marcada pola tradicional subida da imaxe da Virxe desde Pinol ata o recinto relixioso, un percorrido no que participaron veciños e visitantes acompañando a comitiva.
Unha vez chegada ao santuario, desenvolvéronse os actos centrais da festividade, entre eles a misa solemne e a posterior procesión polas inmediacións do templo. A Banda de Música de Sober encargouse do acompañamento musical.
Cadeiras consolidouse así como punto de encontro para a devoción mariana na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rosende acollerá un obradoiro de cinema coordinado por Víctor Erice

Seguinte Nova

Sober incorpórase á Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero

Últimas noticias sobre CULTURA

«Pedras que comparten memoria»

O esgrafiado galego como eco da arte rupestre na fachada atlántica MAR LÓPEZ SOTELO Presidenta da Asociación Esgrafiado Galego “Hoxe pechamos as
Ir aInicio

Don't Miss