Chantada pechou con alta participación a súa programación de astroturismo

(Foto GPCCH).

Chantada pechou a programación astroturística promovida pola Oficina Municipal de Turismo cun balance marcado pola elevada participación. Ao longo dos últimos meses desenvolvéronse seis actividades gratuítas, entre elas observacións guiadas do ceo, unha charla divulgativa sobre eclipses, un curso de astrofotografía e un obradoiro dirixido a profesionais do sector turístico. Segundo destacou o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, todas as convocatorias completaron as prazas dispoñibles. As enquisas realizadas tamén reflectiron unha valoración favorable do potencial para o desenvolvemento do astroturismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ruta Galifornia reuniu en Chantada a medio cento de motoristas antes da súa viaxe á Maragatería

Seguinte Nova

O Pavillón Municipal renova a súa imaxe e acomete reparacións nas instalacións

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss