Corte reivindicativo na N-120 para reclamar o arranxo das estradas de Paradapiñol

A mobilización contou coa presenza do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e de varios concelleiros

(Foto RTMQ)

Veciños de Paradapiñol, Paradaseca, Rugando e Vilarmel protagonizaron un corte reivindicativo na N-120 para reclamar a reparación das estradas da zona. Os participantes denunciaron os danos acumulados tras os incendios do pasado ano e as choivas recentes.
A mobilización contou coa presenza do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e de varios concelleiros. Os asistentes reclamaron ás administracións responsables que concreten os prazos das obras pendentes e advertiron de que manterán as protestas ata obter unha solución para os accesos afectados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga mellora o seu local social cun investimento de 13.400 euros

Seguinte Nova

A senda interpretativa do viveiro dos Trollos achegouse ao milleiro de visitantes desde a súa apertura

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss