Danklabara gaña en Sarria unha nova proba da Liga Nacional de Graffiti

«Outra vaca no millo» deu o primeiro posto ao artista almeriense entre os dez murais realizados durante tres días no Chanto.
Foto LNG.

A Liga Nacional de Graffiti deixou dez novos murais en Sarria tras reunir do 4 ao 6 de setembro outros tantos artistas na zona deportiva do Chanto. A proba abriu Sarria Acendida, iniciativa promovida polo Concello e financiada pola Vicepresidencia da Deputación.
O primeiro posto foi para Danklabara, artista de Almería, pola obra «Outra vaca no millo», pintada no pavillón da rúa Castelao. O mural representa unha muller maior xunto a unha vaca. Hide Two foi segundo e Konestilo acadou a terceira posición cunha obra dedicada ao Camiño de Santiago.
As intervencións incorporaron referencias ao rural, á lingua, aos oficios, ás mulleres, á música e ás tradicións galegas. A cita incluíu tamén un obradoiro infantil e os dez murais permanecerán no espazo público da vila.
Sarria Acendida continuará ata decembro con actividades culturais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A romaría dos Remedios reúne centos de persoas no Alto do Cesar

Seguinte Nova

O PP leva ao Congreso as queixas dos veciños da estación de Oural

Últimas noticias sobre PROTAGONISTAS

Ir aInicio

Don't Miss