Manuel María, a memoria daquela libraría

(Foto da apertura da Libraría Xistral, setembro de 1970 – Fundación Manuel María de Estudos Galegos)

Por Gonzalo L. Torres

O pasado 8 de setembro cumpríronse vinte e dous anos da morte de Manuel María. Para moitos será o poeta da Terra Chá, unha voz fundamental da literatura galega, o autor que fixo da lingua, da terra e do país materia de poesía. Para min, a lembranza ten outro escenario: Monforte e aquela libraría Xistral das Galerías Fontecha. Chegou á cidade a finais dos anos cincuenta para exercer como procurador e aquí viviu boa parte da vida con Saleta Goi. En 1970 abriron Xistral, moito máis ca unha libraría: foi lugar de encontro e resistencia cultural nun tempo no que ler en galego era tamén afirmarse. Desde Monforte impulsaron a colección Val de Lemos, que abriu espazo editorial a voces da nosa literatura. Manuel María nunca separou poesía e compromiso. Militante do nacionalismo galego desde a clandestinidade, participou na política e foi concelleiro en Monforte en 1979. Tamén construíu país nos libros, nos recitais e naquela porta aberta de Xistral. Eu era un neno cando entraba alí para mercar os primeiros libros en galego que nos mandaban ler no colexio. Podo velo: serio, pero amable e próximo, cunha mirada especial detrás do mostrador. Daquela non sabía que aquel libreiro era un dos grandes poetas de Galicia. Co tempo entendín que, entre aqueles andeis, Manuel María e Saleta facían algo máis: axudábannos a descubrir que tamén nós tiñamos unha literatura, unha lingua e unha memoria.
Vinte e dous anos despois, ao lembrar o poeta, volve tamén aquela libraría. E con ela, a mirada dun home que fixo de Monforte casa, palabra e vida.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra supera o 92 % de ocupación en agosto e afronta setembro con previsións favorables

Seguinte Nova

Juan Borrego reforza o novo proxecto do CB Chantada

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Elisa Pereira

Falamos con Elisa Pereira, fundadora de La Plantación, un proxecto multidisciplinar enfocado nas diferentes ramas do mundo cultural e artístico P: Que

«500 mulleres na arte»

A exposición «500 mulleres na arte», da artista e investigadora Concha Mayordomo, pode visitarse ata o 30 de outubro en distintos espazos
Ir aInicio

Don't Miss