Monforte reúne a máis de 200 xestores administrativos

A xornada recoñeceu os 25 e 50 anos de colexiación de varios profesionais e lembrou a figura de Acacio Saco. Foto GPCM.

Monforte acolleu a celebración de San Caetano de Thiene, patrón dos xestores administrativos. Máis de 200 persoas reuníronse no Parador, entre profesionais, familiares e representantes institucionais, nunha xornada que incluíu unha visita a unha adega da Ribeira Sacra.
O encontro serviu para distinguir a traxectoria de varios membros do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia. Sagrario García Martínez, María Capeáns Guzmán, César Pérez da Silva e María Emilia Rúa Fontarigo recibiron o recoñecemento polos seus 25 anos de colexiación, mentres José Fumega Hotellerie Fallois foi homenaxeado por cumprir medio século na entidade.
A elección de Monforte tivo tamén presenza nos discursos. A presidenta do Colexio, Pilar Otero Moar, lembrou o monfortino Acacio Saco, fundador da Gestoría Saco e referente da profesión na localidade. O acto contou coa participación do alcalde, José Tomé, e do xefe provincial de Tráfico en Lugo, Alberto Rodríguez.
A delegada en Lugo, Pilar Núñez, abriu a xornada, na que se abordou o labor destes profesionais na relación de particulares, autónomos e empresas coas administracións. Otero incidiu tamén na implantación territorial do colectivo e nas dificultades que a dixitalización dos trámites pode presentar para parte da cidadanía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Feira do Libro de Monforte pecha o circuíto galego cunha ampla presenza de autores

Seguinte Nova

Carmela López fai balance de sete meses á fronte da Deputación de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss