
O alumnado adscrito ao obradoiro dual de emprego compartido entre Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón continúa a executar traballos de mellora e mantemento en diferentes áreas do termo municipal bodegués.
As actuacións desenvolvidas nestas últimas semanas céntranse en tarefas de limpeza, e conservación de espazos públicos, dentro da programación práctica prevista para a formación. Estes labores permiten combinar a aprendizaxe profesional co desenvolvemento de actuacións de interese para os tres concellos participantes.
O programa ofrece formación ao alumnado, que realiza intervencións en distintas localizacións do concello.•



