O paro rexistrado suma 2.540 persoas nas catro comarcas do sur de Lugo

Terra de Lemos concentra 1.289 desempregados, seguida de Sarria con 686, Chantada con 400 e Quiroga con 165

Galicia pechou agosto con 109.691 parados e alcanzou o seu mellor dato de afiliación para este mes con máis de 1,13 millóns de cotizantes. Foto ARQUIVO.

O paro rexistrado pechou agosto con 2.540 persoas nas comarcas de Terra de Lemos, Sarria, Chantada e Quiroga, segundo os datos municipais do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Representan preto do 23% dos 11.121 desempregados da provincia.
Terra de Lemos presenta a cifra máis elevada, con 1.289 persoas. Monforte concentra 961, seguida do Saviñao con 116, Pantón con 75, A Pobra do Brollón con 51, Sober con 47 e Bóveda con 39. A comarca de Sarria suma 686 desempregados: 516 na capital, 63 en Láncara, 36 no Incio, 25 en Samos, 23 no Páramo, 13 en Paradela e dez en Triacastela.
Na comarca de Chantada contabilízanse 400 persoas inscritas como paradas. Delas, 297 corresponden a Chantada, 56 a Taboada e 47 a Carballedo. Quiroga presenta o menor volume das catro áreas, con 165 desempregados, repartidos entre os 119 de Quiroga, 28 de Ribas de Sil e 18 de Folgoso do Courel.
O peso dos servizos é claro nas principais vilas. Dos 961 parados de Monforte, 614 proceden deste sector, mentres 205 figuran sen emprego anterior. En Sarria, os servizos reúnen 322 dos 516 desempregados e 110 non tiveron emprego anterior. Chantada contabiliza 189 parados procedentes dos servizos e 50 sen emprego anterior, e en Quiroga son 78 e 13, respectivamente.
Os datos do sur lucense enmárcanse nun agosto no que Galicia contabilizou 109.691 persoas en paro, a mesma cifra que un ano antes e o mínimo da serie histórica para este mes. Respecto a xullo, porén, o desemprego aumentou en 2.369 persoas, un 2,21%, coincidindo coa finalización de parte da contratación estival.
A evolución interanual galega foi favorable en todos os grandes sectores: o paro baixou un 7,76% no primario, un 6,14% na construción, un 4,47% na industria e un 1,21% nos servizos. As mulleres e as persoas paradas de longa duración rexistraron ademais os niveis máis baixos para un mes de agosto desde 2005.
A afiliación ofrece outra referencia sobre o mercado laboral. Galicia pechou agosto con 1.134.483 cotizantes á Seguridade Social, o mellor dato para este mes desde 2004 e a segunda cifra máis alta da serie, só por detrás de xullo. Son 23.276 afiliados máis que hai un ano, un incremento do 2,09%. Fronte ao mes anterior perdéronse 1.466 afiliacións, un 0,13%, unha caída inferior á rexistrada no conxunto de España.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lacto Baltar aposta desde Chantada por dar valor engadido ao leite galego

Seguinte Nova

Monforte percorre a súa pegada sefardí na Xornada Europea da Cultura Xudía

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss