
O Concello de Chantada continuou este ano o plan de actualización das instalacións deportivas municipais con diversas actuacións no Pavillón Polideportivo. Os traballos abrangueron a reparación de elementos deteriorados na cuberta, a substitución de portas, cristais e mobiliario en vestiarios e baños, así como a renovación de asentos e a mellora de zonas danadas do parqué. Ademais, o recinto incorporou unha nova imaxe gráfica a través de murais realizados por Trece Trazos e iniciou a renovación estética da fachada. O investimento municipal nesta intervención superou os 10.000 euros. Paralelamente, o Concello desenvolveu tarefas de mantemento na piscina climatizada para preparar a nova tempada.•



