
O PP levará ao Congreso as queixas dos residentes no barrio da Estación de Oural polas deficiencias que, segundo denuncian, persisten tras as obras ferroviarias. Francisco Conde e Jaime de Olano visitaron a zona xunto á portavoz municipal, Carmen José López.
Os veciños trasladáronlles problemas de acceso para peóns e vehículos de emerxencias, danos nunha fonte e risco de inundación pola evacuación das augas. Os populares reclaman ao Ministerio de Transportes e a ADIF que corrixan estas incidencias antes de dar por rematada a actuación.
Lembran que xa abordou o asunto no Pleno e que, tras as reclamacións, se reabriu a rúa ao tráfico e se mellorou o firme. O PP asegura que levará as demandas ás institucións.•



