
O Concello de Pantón deu por concluída a edición deste ano dos campamentos infantís de verán, unha iniciativa na que participaron un total de 80 nenos e nenas ao longo dos meses de xullo e agosto.
O programa incluíu obradoiros, xogos de auga, visitas e diferentes actividades deportivas e recreativas dirixidas ao público infantil. A proposta tivo como obxectivo ofrecer alternativas de ocio durante o período estival e facilitar a conciliación das familias durante as vacacións escolares.
As actividades desenvolvéronse en diferentes quendas ao longo do verán e contaron cunha alta participación, que ascendeu ata os 80 rapaces de todo o concello.•



