
Por Chantada-Interior Galego Vivo presentou alegacións ao parque eólico Monte Cabeza II e ás infraestruturas asociadas á súa evacuación eléctrica. O proxecto prevé a instalación de seis aeroxeradores cunha potencia conxunta de 40,8 megawatts.
A formación considera que a iniciativa debe analizarse xunto ao resto de instalacións enerxéticas previstas ou xa existentes na contorna. Entre as súas demandas figura unha avaliación dos efectos sobre a actividade agraria, os recursos hídricos, a paisaxe e a biodiversidade dos municipios afectados.•



