
A Consellería do Medio Rural destinou 13.400 euros á modernización do local social de Quiroga a través das axudas Leader xestionadas polo GDR Ribeira Sacra-Courel. A achega pública cubriu o 90% do investimento realizado.
Os traballos centráronse na instalación dun sistema de climatización mediante aerotermia, ademais da adaptación do cadro eléctrico e doutras actuacións necesarias para a posta en servizo do equipamento.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou as instalacións xunto ao alcalde, José Luis Rivera, para comprobar o resultado das obras.•



