Veciñanza e Concello reclaman a reparación da estrada entre Saa e A Veneira de Roques

Os asistentes denunciaron o avanzado deterioro do firme, agravado tras os incendios de 2022

O Concello reclama a substitución das baixas e a recuperación das prazas sen cubrir. Foto GPCAPDB.

Arredor de cincuenta veciños concentráronse na Pobra do Brollón para reclamar a reparación da estrada provincial LU-P-4707, que comunica Saa con A Veneira de Roques. Os asistentes denunciaron o avanzado deterioro do firme, agravado tras os incendios de 2022 e os traballos posteriores na zona.
Á protesta sumáronse o alcalde, Xosé Lois Maceda, e a concelleira Marián Martínez. O rexedor comprometeuse a solicitar unha reunión coa Presidencia da Deputación para trasladar as demandas da veciñanza e reclamar actuacións na vía, fundamental para o acceso a varios núcleos da contorna e a diferentes puntos de interese patrimonial e turístico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As Cores do Outono celebra doce edicións ao ritmo da música tradicional

Seguinte Nova

A Feira de Artesanía e Produtos da Terra reuniu máis de 60 expositores

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss