A II Quiroga Bike Marathon reúne 200 participantes nos percorridos do Xeoparque Montañas do Courel

(Foto RTMQ)

Quiroga reuniu arredor de douscentos corredores na segunda edición da Quiroga Bike Marathon, cita organizada pola área de Deportes do Concello coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A competición desenvolveuse en dous percorridos, de 45 e 65 quilómetros, adaptados a distintos niveis de esixencia. Ambos itinerarios atravesaron algúns dos enclaves máis representativos do municipio e do Xeoparque Montañas do Courel. A xornada concluíu coa entrega de premios na vila, tras unha mañá de actividade deportiva e convivencia entre participantes e acompañantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Ribas de Sil pecha as Conversas de Verán cun balance marcado pola recuperación da memoria local

Seguinte Nova

O incendio forestal de Quiroga queda controlado tras calcinar arredor de 460 hectáreas en Pacios da Serra

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss