O Concello da Pobra do Brollón asina un convenio de colaboración co Clube de Voleibol Ribeira Sacra

A Pobra do Brollón contará desde o 1 de outubro cunha nova proposta deportiva para a infancia. Os adestramentos de voleibol celebraranse os martes e xoves no pavillón municipal e estarán impartidos por técnicas do Club Voleibol Ribeira Sacra.
A iniciativa está destinada a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e terá unha cota de 20 euros mensuais. As inscricións e a información complementaria poderán tramitarse a través dos Servizos Sociais municipais. A actividade forma parte do Plan Corresponsables, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade.•



