
O Concello de Chantada mantén aberto o período de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais, que iniciarán a súa programación o 21 de setembro e prolongarán a actividade ata o remate do curso escolar. A oferta abrangue modalidades para infancia, persoas adultas e maiores de 60 anos, ademais de actividades adaptadas. Como novidade nesta edición, incorpóranse clases de bailes de salón e estilo libre para o público infantil. A matrícula establece unha cota única de 70 euros, válida para participar en ata tres disciplinas deportivas.•



