Bóveda rende homenaxe ao “Pequeniño do Incio” cunha placa na Casa da Memoria

(Foto GPCB)

A Casa da Memoria de Bóveda acolleu a colocación dunha placa en homenaxe a Manuel Díaz González, coñecido como “o Pequeniño do Incio” e lembrado como o “Médico dos Pobres”. O acto foi promovido pola asociación Memoria é Naufraga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A iniciativa serviu para inaugurar as III Xornadas da Memoria, organizadas arredor da figura deste médico e do contexto histórico da represión franquista. Na homenaxe participou o vicepresidente provincial, Efrén Castro.
A programación completouse con conferencias, mesas redondas, concertos, proxeccións, ofrendas florais e teatro en Lugo, O Incio e Bóveda. A placa quedou instalada no inmoble que foi considerado o último refuxio de Díaz González antes da súa detención.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

«Pedras que comparten memoria»

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón incorporará adestramentos de voleibol para os rapaces da Guimaralia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss