Case 200 persoas participaron nas visitas guiadas de verán da Pobra do Brollón

O programa turístico e patrimonial pechou a tempada con 191 asistentes entre xullo e setembrol. Foto GPPB.

O Concello da Pobra do Brollón deu por rematada a edición estival do programa de visitas guiadas ao patrimonio local cun balance de 191 participantes ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro. Entre os asistentes contabilizáronse 39 menores, nunha iniciativa orientada á divulgación dos recursos naturais, arqueolóxicos e culturais do municipio.
Segundo os datos facilitados pola organización, máis da metade das persoas participantes procedían da propia comarca e doutros concellos da contorna, incluíndo tamén veciñanza do propio municipio. O resto dos visitantes chegou desde diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades autónomas, con presenza destacada de persoas procedentes de Madrid e Cataluña. O programa rexistrou igualmente asistencia internacional, con visitantes chegados desde Alemaña, Italia e Arxentina.
A oferta deste verán incluíu percorridos pola Cova das Choias, o Castro de San Lourenzo, as Penas do Castelo e o conxunto formado polas adegas tradicionais e o miradoiro de Vilachá. Entre todas as propostas, a visita á Cova das Choias foi a que espertou unha maior demanda por parte do público.
Desde o programa lembran que o acceso á cavidade está restrinxido fóra das rutas organizadas co obxectivo de preservar os valores ambientais e as especies que habitan neste espazo. As visitas estiveron guiadas por Cristina Rodríguez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón incorporará adestramentos de voleibol para os rapaces da Guimaralia

Seguinte Nova

Pantón ofreceu un roteiro guiado pola contorna do río Carabelos

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss