CIG-Saúde denuncia falta de camas e pide reabrir Medicina Interna no Hospital de Monforte

A central atribúe á falta de camas a suspensión de intervencións de Traumatoloxía e reclama tamén reforzos de persoal.
Foto CIGS.

CIG-Saúde denunciou a comezos de setembro a falta de camas no Hospital Público de Monforte e reclamou á dirección a reapertura da planta de Medicina Interna pechada durante o verán, pese á elevada ocupación.
A central asegura que as plantas funcionaron cunha ocupación de entre o 90% e o 100% e sinala que esta situación chegou a obrigar a suspender intervencións de Traumatoloxía por non dispoñer de camas para os ingresos. Tamén afirma que houbo pacientes trasladados entre plantas, mesmo pola noite, e que nalgún caso foi necesario derivalos a Lugo.
A denuncia sindical esténdese ao servizo de Urxencias. Segundo os datos difundidos pola CIG, durante o verán atendeu unha media de 57 persoas ao día, con xornadas nas que se alcanzaron as 90, sen que se reforzase o persoal sanitario. A organización sindical sostén que o incremento estacional da poboación aumenta a presión asistencial nesta época.
Ante esta situación, CIG-Saúde pide abrir a planta de Medicina Interna e incrementar os efectivos. O sindicato considera incompatible manter camas fóra de servizo cando a ocupación é elevada e vincula a falta de capacidade coa suspensión de operacións e cos movementos de pacientes denunciados.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP leva ao pleno o aproveitamento gandeiro dos terreos da Finca de Tor

Seguinte Nova

O centro de saúde de Monforte renovará o sistema de climatización

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss