
O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acolle estes días Galegoza. A canción en galego, unha exposición que percorre a evolución da música feita no noso idioma desde os anos sesenta ata a actualidade.
A mostra, promovida pola Vicepresidencia da Deputación reúne unha trintena de paneis dedicados a bandas e solistas de diferentes estilos, desde a música tradicional, o pop ou o rock ata a electrónica, o hip hop e o rap.
O alumnado participou na inauguración xunto ao vicepresidente provincial, Efrén Castro, e Pepe Cunha, comisario do proxecto. Os paneis incorporan códigos QR para acceder a unha selección musical. A proposta complétase cun cuestionario sobre os seus contidos, que permite participar nun sorteo de reprodutores de música.•



