Medio Rural destaca en Sober o recoñecemento internacional acadado polos viños da Ribeira Sacra

Os viños da Ribeira Sacra sumaron dezaoito medallas de ouro na competición celebrada no Val de Aosta, en Italia

A conselleira visitou en Sober a adega Don Bernardino, distinguida con dúas medallas de ouro nun certame internacional especializado en viticultura heroica. Foto GPXG.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou en Sober o prestixio alcanzado polos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra tras os resultados obtidos na edición de 2026 do Mondial de Vins Extrêmes, certame internacional especializado en producións procedentes de territorios de viticultura heroica.
A responsable autonómica visitou a adega Don Bernardino, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte. A empresa vitivinícola foi unha das protagonistas do concurso ao recibir unha Gran Medalla de Ouro polo viño Mencía de Amandi 2025 e outra medalla de ouro por Cuarta Xeración 2022.
No conxunto da denominación, os viños da Ribeira Sacra sumaron dezaoito medallas de ouro na competición celebrada no Val de Aosta, en Italia. Durante a visita, Gómez fixo referencia ao vínculo entre a produción vitivinícola e o territorio, así como á importancia da paisaxe na configuración deste modelo produtivo.
A conselleira lembrou tamén que a Xunta mantén unha liña específica de apoio para actuacións de conservación da contorna e prevención da erosión nos viñedos da Ribeira Sacra. Segundo indicou, a última convocatoria destas axudas contou cun orzamento de 1,5 millóns de euros e permitiu beneficiar a arredor de 700 persoas.
Ademais, destacou outras medidas orientadas á modernización do sector. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober abre o prazo de axudas para libros, material escolar e matrículas

Seguinte Nova

Ribas de Sil pecha as Conversas de Verán cun balance marcado pola recuperación da memoria local

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss