Monforte activa novas obras viarias dentro dun plan de máis dun millón de euros

A rúa Vigo abriu esta semana unha nova fase de actuacións que continuará pola avenida de Galicia, rúa Chantada e Calvo Sotelo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Medio Rural, Obras e Servizos, José Luis Losada, supervisou o inicio das obras de rexeneración do firme na rúa Vigo, no barrio do Casar. Foto GPCM.

Monforte iniciou esta semana unha nova fase do plan municipal de mellora da rede viaria, que mobiliza 1,06 millóns de euros en dez proxectos repartidos entre o núcleo urbano e as parroquias, con actuacións xa rematadas, en execución ou previstas para as próximas semanas. Os primeiros traballos afectan á rúa Vigo, no barrio do Casar, onde se renova o firme entre a estrada da Vide e o propio barrio, cun investimento de 122.734 euros.
A principios da próxima semana está previsto actuar na avenida de Galicia e na rúa Chantada, entre o cruzamento coa rúa Cardeal e a rotonda do Hórreo. A intervención, adxudicada por 174.279 euros, inclúe fresado, nova pavimentación e renovación da sinalización. Xa en outubro, entre os días 5 e 9 se o tempo o permite, será a quenda da rúa Calvo Sotelo. Neste caso investiranse 182.735 euros para renovar o firme, reparar afundimentos e actualizar a sinalización.
O programa urbano complétase cunha actuación de 11.214 euros no inicio da rúa Pintor Luis Seoane e co acondicionamento da zona de Montepando-Bouza Brey, onde se asfaltará unha pista en forma de Z e dous ramais que comunican vivendas illadas. Estes traballos foron adxudicados por 73.996 euros.
As obras avanzan tamén no rural. En Piñeira está en execución a mellora da vía que comunica a estrada de Sober co acceso ao polígono do Reboredo, cun investimento de 177.770 euros. A esta actuación sumaranse dúas pistas desde O Bosque ata a rúa Reboredo, por outros 103.826 euros, polo que o investimento na parroquia supera os 281.000 euros.
En Ribas Altas xa se preparan os traballos para asfaltar a marxe dereita da estrada de Monforte a Lugo, cun orzamento de 104.037 euros, completando a intervención realizada o pasado ano na outra beira. Pola súa parte, as melloras previstas en Marcelle e San Xoán de Tor, valoradas en 91.956 euros, xa están rematadas.
O plan reserva ademais 32.395 euros para dous accesos a Guntín, 19.705 para a intersección das rúas Amador López Espinosa e Ourense e 48.869 para construír unha pista multiusos nas Cruces.
O alcalde, José Tomé, supervisou o mércores o inicio das obras da rúa Vigo acompañado por Gloria Prada e José Luis Losada. O rexedor enmarcou estas intervencións na planificación municipal para renovar progresivamente os firmes e mellorar a seguridade e as comunicacións tanto na cidade como nas parroquias.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte abrirá a XIV Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia

Seguinte Nova

Comunidades de empleo y emprendimiento rural sostenible

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss