
Baamorto recibiu estes días unha visita pouco habitual. O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, achegouse á parroquia para coñecer o resultado da reforma da igrexa de Santa María. O prelado, acompañado polo alcalde, José Tomé, percorreu o templo e oficiou unha misa na que participou a veciñanza da zona.



