O BNG rexistra preto de 300 alegacións contra a nova ponte do Malecón

Emilio J. Sánchez e Manuel Luaces formalizaron este mércores no Concello a entrega das sinaturas recollidas nas mesas informativas. Foto GPBNG.

O BNG de Monforte rexistrou este mércores no Concello preto de 300 alegacións contra o proxecto da nova ponte sobre o río Cabe, recollidas nas mesas informativas instaladas pola formación nos últimos días. Os concelleiros Emilio J. Sánchez e Manuel Luaces formalizaron a entrega dentro do período de exposición pública da actuación.
A campaña serviu tamén para achegar á cidadanía planos, dimensións e outros datos técnicos da infraestrutura prevista no Malecón. O BNG cuestiona a construción da ponte, cun investimento superior aos cinco millóns de euros, polo seu impacto sobre este espazo urbano e defende outras alternativas de mobilidade. A formación continuará recollendo apoios mentres permaneza aberto o procedemento.
Os nacionalistas tamén anunciaron alegacións ao proxecto de restauración ambiental e creación dunha senda peonil nas marxes dos regatos das Malloadas, A Penela e Zapardiel. Tras manter contactos con propietarios afectados, pedirán á Confederación Hidrográfica Miño-Sil que revise os puntos nos que consideran que existen afeccións relevantes sobre vivendas, construcións ou parcelas privadas.
O BNG manifesta o seu apoio á recuperación dos regatos e á creación do itinerario peonil, pero reclama estudar trazados ou solucións que permitan reducir esas afeccións. Emilio J. Sánchez sinala que a actuación debe executarse «escoitando á veciñanza e reducindo ao mínimo as afeccións cando existan outras solucións posibles».
A formación levará ademais ao próximo pleno municipal unha iniciativa para solicitar unha revisión preventiva das árbores de maior porte nas marxes do Cabe. Pide avaliar especialmente os exemplares próximos aos paseos da Pinguela e da contorna do Multiusos e actuar, cando os informes técnicos detecten risco, procurando conservar o arborado en bo estado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Besteiro pide á Xunta que explique os criterios do novo plan de residencias

Seguinte Nova

O PP leva ao pleno o aproveitamento gandeiro dos terreos da Finca de Tor

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Elisa Pereira

Falamos con Elisa Pereira, fundadora de La Plantación, un proxecto multidisciplinar enfocado nas diferentes ramas do mundo cultural e artístico P: Que

«500 mulleres na arte»

A exposición «500 mulleres na arte», da artista e investigadora Concha Mayordomo, pode visitarse ata o 30 de outubro en distintos espazos
Ir aInicio

Don't Miss