O brote de sarna na residencia DomusVi chega ao debate político

Lara Méndez levou o asunto ao Parlamento e DomusVi asegura que adoptou as medidas previstas desde os primeiros contaxios

Sanidade confirmou 22 casos mentres a CIG denuncia falta de persoal e cuestiona a aplicación efectiva dos protocolos no centro. Foto CIGS.

O brote de sarna detectado este verán na residencia DomusVi de Monforte chegou ao Parlamento galego despois das denuncias da CIG. Sanidade confirmou 22 casos e sinalou que o episodio fora declarado o 18 de xuño, inicialmente con 16 afectados.
A CIG sostén que a residencia sofre falta de persoal e unha sobrecarga de traballo que repercute nas condicións laborais e na atención aos usuarios. O sindicato cuestionou a aplicación do protocolo fronte á sarna e reclamou á empresa información sobre a evolución dos contaxios e as medidas adoptadas.
DomusVi rexeitou estas acusacións. A empresa asegurou que activou o protocolo desde os primeiros casos, que mantén a coordinación coas autoridades sanitarias e que a atención aos residentes está garantida. Admitiu, porén, dificultades para incorporar determinados profesionais no verán.
A viceportavoz socialista Lara Méndez levou o asunto ao Parlamento o 9 de setembro. Acusou á Xunta de Galicia de «minimizar» o brote e reclamou datos sobre os casos, os protocolos e as inspeccións realizadas. Tamén vinculou o episodio coa falta de persoal denunciada pola CIG.
Sanidade indicara que permanecía en contacto coa dirección do centro monfortino e que esta seguía as indicacións establecidas no protocolo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O centro de saúde de Monforte renovará o sistema de climatización

Seguinte Nova

Monforte abrirá a XIV Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia

Últimas noticias sobre CULTURA

«Pedras que comparten memoria»

O esgrafiado galego como eco da arte rupestre na fachada atlántica MAR LÓPEZ SOTELO Presidenta da Asociación Esgrafiado Galego “Hoxe pechamos as
Ir aInicio

Don't Miss