O centro de saúde de Monforte renovará o sistema de climatización

A Xunta licita por 138.216 euros a substitución de tres unidades exteriores por equipos de maior eficiencia enerxética. Foto EC.

O centro de saúde de Monforte renovará o seu sistema de climatización cun investimento de 138.216 euros. A Xunta sacou a licitación a actuación, que contempla a substitución de tres unidades exteriores por novos equipos de maior eficiencia enerxética.
O proxecto non se limitará ao cambio da maquinaria. A instalación incorporará tecnoloxía para controlar o seu funcionamento e obter información sobre o consumo en tempo real, ademais de quedar preparada para unha futura integración en plataformas de xestión dixital de edificios.
A actuación busca diminuír o gasto enerxético e mellorar a fiabilidade do sistema, ao tempo que facilita as tarefas preventivas e reduce as necesidades de mantemento. As estimacións sitúan entre un 30% e un 40% a posible diminución do consumo e entre un 20% e un 30% o aforro nos custos de conservación. A renovación pretende tamén reducir as emisións de CO₂ asociadas á climatización e garantir a continuidade do servizo durante a vida útil da instalación. A Xunta optou pola substitución integral dos equipos ao considerar esta alternativa máis eficiente a longo prazo.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o próximo 2 de outubro a través do procedemento de contratación aberto pola Administración autonómica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

CIG-Saúde denuncia falta de camas e pide reabrir Medicina Interna no Hospital de Monforte

Seguinte Nova

O brote de sarna na residencia DomusVi chega ao debate político

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss