O concello recibe 58.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética de dous edificios municipais

As actuacións permitiron instalar sistemas de xeotermia na biblioteca e no inmoble da Policía Local. Foto GPXG.

O Concello de Chantada executou actuacións de aforro enerxético na Biblioteca Municipal e no edificio da Policía Local grazas a unha achega de 58.000 euros da Consellería de Economía e Industria.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou as instalacións xunto ao alcalde, Manuel Lorenzo. Os traballos, xa practicamente concluídos, permitiron dotar ambos inmobles de calefacción por xeotermia, con solo radiante e bombas de calor adaptadas ás necesidades de cada espazo.
As axudas están financiadas a través do Inega con fondos europeos NextGeneration destinados a fomentar o uso de enerxías renovables para a construcción das infraestruturas públicas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Auditorio de Chantada exhibe obras de máis de 300 escolares inspiradas en Manuel Jorge

Seguinte Nova

Sober abre o prazo de axudas para libros, material escolar e matrículas

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss