O incendio forestal de Quiroga queda controlado tras calcinar arredor de 460 hectáreas en Pacios da Serra

A evolución das lapas levou á Xunta a activar durante a xornada do mércores a Situación 2 de emerxencia como medida preventiva. Foto RTMQ.

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Pacios da Serra, no municipio de Quiroga, quedou controlado na noite do xoves, segundo informou a Consellería do Medio Rural. O lume iniciouse na tarde do martes e, de acordo coas últimas estimacións provisionais da Administración autonómica, afecta unha superficie de arredor de 460 hectáreas.
A evolución das lapas levou á Xunta a activar durante a xornada do mércores a Situación 2 de emerxencia como medida preventiva. A decisión adoptouse pola proximidade do incendio a distintos núcleos habitados da zona, entre eles As Barxas, Casa do Vello e Penas Rubias, onde a presenza de fume foi especialmente intensa. A situación operativa quedou desactivada horas máis tarde ao reducirse o risco para a poboación.
O dispositivo despregado para combater o lume foi incrementándose ao longo dos días. Segundo os datos facilitados por Medio Rural, nos traballos participaron de forma acumulada 14 técnicos, 75 axentes, 87 brigadas, 60 motobombas, oito pas, dúas unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, desprazouse durante a noite do mércores ata Quiroga para supervisar a evolución da emerxencia. A responsable autonómica visitou o posto de mando avanzado instalado no municipio e mantivo contactos con responsables locais e cos coordinadores do operativo de extinción.
A pesar de que o incendio xa foi dado por controlado, os equipos continúan traballando sobre o terreo. Os efectivos centraban este venres os seus esforzos na vixilancia do perímetro e na consolidación das zonas afectadas para evitar posibles reproducións. Ata o peche desta edición, o lume non fora declarado oficialmente extinguido, polo que seguían activos distintos medios despregados pola Xunta na área afectada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A II Quiroga Bike Marathon reúne 200 participantes nos percorridos do Xeoparque Montañas do Courel

Seguinte Nova

«Pedras que comparten memoria»

Últimas noticias sobre PORTADA

Entrevista a Elisa Pereira

Falamos con Elisa Pereira, fundadora de La Plantación, un proxecto multidisciplinar enfocado nas diferentes ramas do mundo cultural e artístico P: Que

«500 mulleres na arte»

A exposición «500 mulleres na arte», da artista e investigadora Concha Mayordomo, pode visitarse ata o 30 de outubro en distintos espazos
Ir aInicio

Don't Miss