O PP leva ao pleno o aproveitamento gandeiro dos terreos da Finca de Tor

O partido reclama tamén avances no investimento de 10 millóns anunciado para renovar a rede de abastecemento de Monforte

Os populares propoñen solicitar á Deputación unha fórmula legal que permita ceder parte das 250 hectáreas a explotacións da zona

O PP de Monforte levará ao próximo pleno unha moción para solicitar á Deputación de Lugo que actúe sobre os terreos da Finca de Tor e estude a súa cesión regulada a explotacións gandeiras da zona. A proposta afecta un espazo dunhas 250 hectáreas, con arboredo, parcelas cultivables e un estanque, e pretende facilitar superficie para pastos mediante fórmulas legais.
O vicevoceiro popular, José Luis Rodríguez, sostén que a medida podería favorecer explotacións con dificultades para ampliar a súa base territorial e, ao mesmo tempo, contribuír ao mantemento paisaxístico da finca.
Noutra fronte, o PP reclama tamén avances no investimento estatal anunciado para renovar a rede de abastecemento de Monforte. O Parlamento galego aprobou unha iniciativa para instar á Xunta a reclamar ao Goberno central o cumprimento das actuacións comprometidas en decembro de 2024.
A deputada Katy Varela cifra en 10 millóns de euros a intervención prevista para a cidade e pide concreción sobre os prazos. Os populares sitúan entre as prioridades reducir avarías e perdas de auga, mellorar a fiabilidade do servizo e avanzar na substitución das tubaxes de fibrocemento.
Varela defende que Concello de Monforte de Lemos, Xunta de Galicia e Estado colaboren para executar as actuacións necesarias e sostén que o obxectivo debe ser garantir unha rede máis eficiente e segura para a veciñanza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG rexistra preto de 300 alegacións contra a nova ponte do Malecón

Seguinte Nova

CIG-Saúde denuncia falta de camas e pide reabrir Medicina Interna no Hospital de Monforte

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss