Sarria recibiu a Nueve Lunas Teatro con “Juana I de Castilla”

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co proxecto de intercambio cultural a través do teatro Camiño Escena Norte
Foto GPVDL.

A Casa da Cultura de Sarria acolleu o domingo 27 de setembro unha das representacións do Itinerario Constelacións de Camiño Escena Norte. A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro puxo en escena ás 20.00 horas «Juana I de Castilla».

A obra abordou a figura de Xoana I de Castela cunha proposta na que se combinaron humor, música e ironía para tratar cuestións como a violencia exercida contra as mulleres e a saúde mental.

A función formou parte do programa de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que nesta edición reuniu 18 compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa. A iniciativa facilitou a circulación dos espectáculos por diferentes escenarios do norte peninsular.

En Lugo, contou coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e incluíu tamén representacións en Foz, Lugo e Ribadeo con propostas de teatro e ilusionismo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

“Galegoza” percorre en Sarria seis décadas de música en galego

Seguinte Nova

A rehabilitación da igrexa de Santa Mariña rematará en outubro

Últimas noticias sobre CULTURA

«Pedras que comparten memoria»

O esgrafiado galego como eco da arte rupestre na fachada atlántica MAR LÓPEZ SOTELO Presidenta da Asociación Esgrafiado Galego “Hoxe pechamos as
Ir aInicio

Don't Miss