Sober abre o prazo de axudas para libros, material escolar e matrículas

O prazo para presentar solicitudes estará aberto á cidadanía ata o próximo 15 de outubro. Foto GPCS.

O Concello de Sober puxo en marcha unha nova convocatoria de axudas dirixidas a facilitar o acceso aos estudos e aliviar os gastos derivados do inicio do curso académico entre as familias e estudantes do municipio. O programa está destinado a veciños empadroados que cursen ensinanzas desde Infantil e Primaria ata Bacharelato, Formación Profesional ou universidade.
As subvencións cobren a adquisición de libros e material escolar, así como determinados custos relacionados coa matrícula dos alumnos. As contías máximas varían segundo a etapa educativa. O alumnado de Infantil e Primaria poderá recibir ata 100 euros; os estudantes de ESO, FP e Bacharelato, ata 125 euros; e os universitarios, ata 250 euros.
Entre as condicións establecidas figura a residencia efectiva no concello e a acreditación da matrícula no curso 2026-2027. As solicitudes poderán formalizarse ata o 15 de outubro, tanto de maneira presencial nas dependencias dos Servizos Sociais municipais como a través da sede electrónica do Concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O concello recibe 58.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética de dous edificios municipais

Seguinte Nova

Medio Rural destaca en Sober o recoñecemento internacional acadado polos viños da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss