Un estudo propón novas estratexias para ampliar as estadías turísticas na Ribeira Sacra

O informe aposta por reforzar a oferta enoturística mediante ferramentas dixitais, coordinación sectorial e actividades distribuídas ao longo de todo o ano. Foto GPDL.

A Deputación de Lugo acolleu a presentación dun estudo promovido polo Eixo Atlántico sobre o desenvolvemento do enoturismo en Galicia e na Rexión Norte de Portugal. O traballo, elaborado por Montserrat Cruz, vicerreitora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, analiza a situación actual e formula actuacións orientadas a incrementar o impacto económico desta actividade.
No caso da Ribeira Sacra, o informe destaca a relevancia dun territorio que concentra máis de 96 adegas, unhas 2.500 hectáreas de viñedo e arredor de 2.000 viticultores. Entre as conclusións recollidas figura que a estancia media dos visitantes adoita situarse entre dous e tres días.
Para aumentar ese tempo de permanencia, o documento propón distribuír mellor as actividades ao longo do ano, reforzar a identidade turística da zona e incorporar recursos dixitais que faciliten a planificación das visitas. Tamén inclúe medidas relacionadas coa formación dos profesionais e coa cooperación institucional.
As recomendacións concretas pasan por ordenar a oferta de aloxamentos, promover paquetes turísticos e fixar unha axenda compartida de eventos. Carmela López destacou durante o acto que os visitantes poden coñecer “a vida natural do noso territorio” a través da cultura do viño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entrevista a Elisa Pereira

Seguinte Nova

O Festival do Viño da Ribeira Sacra recibe un dos Premios á Excelencia Turística da provincia

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss